EGAP: convocatoria de actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia

17 de marzo de 2021

"publicado no DOG"

 

A EGAP ven de publicar no DOG a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.


Requisitos dos participantes:

Os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Ligazón ao DOG