EGAP; Xornadas de Formación Dixital E-martes

25 de marzo de 2021

"publicado no DOG"

 

 


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas XIV e XV de formación práctica dixital (E-martes).

Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

 
 
Desenvolvemento:

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela. 

Datas: martes, 6 e 20 de abril de 2021.

Horario: mañá e tarde. 

Duración: 6 horas lectivas cada xornada.

Número de prazas. Persoal empregado público: 13. 

 


 

 ligazón ao DOG