EGAP, cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixidos ao persoal da Administración de xustiza de Galicia

16 de abril de 2021

"publicado no DOG"


Requisitos dos participantes:

Deberá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:

O persoal ao servizo da Administración de xustiza que non realizase con anterioridade este curso de formación, así como aquel con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz das provincias de Lugo e Ourense que estea en situación de servizo activo e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

ligazón ao DOG.