"publicado no DOG"
"NOVO POSTO DE LIBRE DESIGNACION NA FISCALIA".... A Xunta segue a facer concursos encubertos
16 de xuño de 2021
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza
e Turismo
ORDE do 1 de xuño de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a
provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta
consellería.
Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o
posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as
condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Denominación do posto: secretario/a.
Subgrupo: C1-C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 7.701,40 euros.
Corpo ou escala: xeral/tramit. procesual e adtvo.
Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia,
Estado e CC.AA. e Administración de xustiza).
Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento
de galego (R.I.).
Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.
Localidade: A Coruña.
Imprimir / Compartir