"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2021 pola que se convoca o Curso superior de
Administración electrónica 2021.
Convocar, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o
Curso superior de Administración electrónica 2021.
Este curso superior abordará os seguintes temas:
• Réxime xurídico dunha Administración dixital.
• Identidade dixital: identificación e sinatura dixitais.
• Sede electrónica e Carpeta cidadá.
• Sistema único de rexistro. ...
Número de prazas: 50 prazas.
Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración
autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
- Datas: o curso desenvolverase desde o 14 de setembro ata o 26 de outubro de 2021.
- Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP);
- Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación.
- As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 14, 21 e 28 de setembro e 5,
19 e 26 de outubro de 2021.
- Horario das clases presenciais: pola mañá, das 11.00 ás 14.00 horas; pola tarde, das
16.00 ás 19.00 horas.....
Etiquetas:
cursos de formación
,
DOG
,
EGAP