AXG-CUT, solicita melloras no transporte público Ferrol-A Coruña para os traballador@s de Xustiza

29 de setembro de 2021


Ante as eivas que presentan as liñas de autobuses que cubren a distancia entre Ferrol e A Coruña, debido a reducción de frecuencias, ampliación de percorrios e demais, AXG-CUT ven de presentar escrito solicitando que se faga unha mellor xestión a fin de que traballador@s de Xustiza que utilizan ese medio de transporte non teñan problemas en chegar ao seu posto de traballo.