"publicado no DOG"
Decreto polo que se ditan normas para servizos mínimos durante a folga estatal que comeza o día 4 de outubro de 2021
1 de outubro de 2021
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; DECRETO 128/2021, do 30 de setembro, polo que se ditan normas para garantir
os servizos esenciais durante a folga indefinida convocada pola Comisión aberta
de folga estatal pola loita dos traballadores en precario das administracións
públicas, que comeza o día 4 de outubro de 2021.
A Comisión aberta de folga estatal pola loita dos traballadores en precario das administracións públicas comunicou a convocatoria de folga para todo o persoal funcionario e
laboral das distintas administracións públicas de todo o Estado, que se desenvolverá de
xeito indefinido a partir das 00.00 horas do día 4 de outubro de 2021.
No ámbito da Administración de xustiza, de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018,
do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:
1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal.
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
------
Imprimir / Compartir