Folga día 30 de novembro; servizos mínimos

29 de novembro de 2021


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; ORDE do 26 de novembro de 2021 pola que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 30 de novembro de 2021.

O sindicato Comisiones de base (Co.bas) comunicou unha convocatoria de folga para todo o persoal fixo e temporal do sector público autonómico galego, que se desenvolverá a partir das 00.00 horas do día 30 de novembro de 2021 e finalizará ás 23.59 dese mesmo día.
----
No ámbito da Administración de xustiza, de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público: 1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal. 
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso. 
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras. 
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos. 
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras.
--