"publicado no DOG"
A EGAP ven de publicar no DOG; RESOLUCIÓN de 17 de decembro de 2021 pola que se publica O Plan de formación para o ano 2022A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Au- tónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.
O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
En tal sentido, os plans formativos para os empregados públicos deseñados pola EGAP obedecen ao convencemento de que a consolidación dunha Administración de calidade, eficaz e eficiente pasa inevitablemente por contar cun persoal ben formado.
En consecuencia, desde o ano 2015 os plans de formación da EGAP diríxense a todos os colectivos de empregados públicos, tras una incorporación gradual que culminou coa adhesión do persoal de administración e servizo das universidades galegas como destinatario da dita docencia.
Así, o plan quere ser un instrumento que permita a actualización de coñecementos competencias profesionais e que incorpore aquelas novidades lexislativas e de funcionamento das administracións e, a tal efecto, integra as accións estratéxicas para a formación e a actualización profesional do persoal ao servizo do dito sector público, a través dunha oferta coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional.
Etiquetas: cursos de formación , EGAP , Formación