E-martes: Xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas

4 de febreiro de 2022

 "Publicado no DOG 04/02/22"

 

A Escola Galega de Administración Pública ven de publicar no DOG 24 de 04/02/22 a resolución do 25 de xaneiro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas.

En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca para o próximo 15 de febreiro no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas. 


Persoas destinatarias:

  • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscripción daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
  • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 15 de febreiro de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas: 50
Inscrición: desde as 8 horas do 5 de febreiro ata as 23.55 horas do 9 de febreiro na Zona de matrícula.