Modificación da Resolución de 7 de maio de 2008 que regula de susbsticuión entre titulares.

16 de febreiro de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O artigo cuarto queda redactado como segue: 

1. Poderán solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional.
 
2. No caso das substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución.
 
3. No caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou, non será exixible que leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria». 

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes ou recurso contenciosoadministrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.