EGAP; activades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre 2022

15 de febreiro de 2022

"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

-Persoal en servizo activo (incluido o persoal que teña conceido un permiso por motivos de conciliación persoal, familiar e laboral).

-Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

-O prazo de solicitude 10 días a partir do seguinte a publicación.

-Solicitudes só poderan realizarse mediante fomulario de matrícula no enderezo <https://egap.xunta.gal/matrícula> dende as 8.00 horas da data de inicio do prazo ata as 23.55 horas da data de finliazación.

-O número máximo de cursos, limitase a cinco.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.