EGAP; formación continua en materia de economía pública

24 de marzo de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de economía pública.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo.

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>  desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas  da data de finalización (31 de marzo). As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.