"publicado no DOG"
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de
servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas
entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da
Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do
Sistema universitario de Galicia.
Data: xoves 21 de abril de 2022.
Modo de impartición: telepresenza. Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 4 de abril de 2022.