EGAP; E-martes. Sistemas para a contratación pública

30 de marzo de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 21 de marzo do 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de abril de 2022.

Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas. 
Número de prazas Cincuenta (50).

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 6 de abril de 2022.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

Ligazón ao DOG.-