"publicado no BOE"
Vense de publicar no BOE; Resolución de 2 de marzo de 2022, de la Dirección General de Justicia, de la
Vicepresidencia Primera y Consejería de Presidencia, Justicia y Turismo, por
la que se resuelve el concurso de traslado entre personal funcionario de los
Cuerpos y Escalas de Gestión Procesal y Administrativa, de Tramitación
Procesal y Administrativa y de Auxilio Judicial de la Administración de
Justicia, convocado por Resolución de 30 de septiembre de 2021.
Para os funcionarios que se atopen en activo ou en servizos especiais e non
reingresen en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, sen
se incluíren neste punto os funcionarios que se atopen reingresados provisionalmente, o
cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican:
- Tramitación
procesual e administrativa, o 18 de marzo de 2022, venres;
- Xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 25 de marzo de 2022, venres.
A toma de posesión do novo destino obtido por concurso producirase, para os
funcionarios indicados no punto anterior, nos tres días hábiles seguintes ao do cesamento
se non hai cambio de localidade do funcionario, nos oito días hábiles seguintes se implica
cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos vinte días hábiles seguintes
se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de
Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de
Melilla, en que será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades
é o de orixe como se é o de destino.
O cesamento e o cómputo dos prazos posesorios produciranse cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos aos interesados,
caso en que o cesamento se efectuará o mesmo día da incorporación do funcionario ao
seu posto de traballo, e comezará entón a contarse o prazo posesorio correspondente.
Efectuada a toma de posesión, o prazo posesorio considerarase como de servizo activo
para todos os efectos. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente
respecto á praza obtida en concurso.
Por cuestións sanitarias e organizativas, tanto os cesamentos como as tomas de posesión realizaranse preferentemente de maneira telemática, a través do correo electrónico
do Servizo de Xustiza da xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Turismo correspondente, para o cal a persoa interesada deberá
poñerse en contacto co Servizo de Xustiza da provincia competente para tramitar o cesamento ou a toma de posesión a través do correo electrónico.