EGAP; Programa de autoformación.

5 de abril de 2022

publicado no DOG

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

 Primeira. Participación nas probas:

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que non se encontre en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos neste anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde; non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Solicitudes de participación

 1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de maio de 2022.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.


Ligazón