EGAP; curso monográfico A intelixencia artificial na Administración
3 de xuño de 2022
"publicado no DOG"
Etiquetas:
DOG
,
EGAP
,
Formación
Vense de publicar no DOG resolución do 2 de xuño de 2022 pola que se convoca o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración.
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais; da Administración institucional, da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia; e a profesionais e persoas interesadas en xeral.
O lugar será no salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. en modalidade presencial 9 e 10 de xuño de 2022. en horario de mañá e tarde.
Horas lectivas: 10.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 7 de xuño de 2022.
Imprimir / Compartir