Substitución entre titulares. Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura 13 de xuño 2022

13 de xuño de 2022

" publicado na intranet"

Saíu publicada, con data do 13/06/2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Solicitudes:

.- Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet de xustiza.

.-As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. 

.- O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución.