"publicado no DOG"
Estructura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
4 de xullo de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; DECRETO 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica
da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, configurada como órgano de apoio e asistencia á Presidencia, é o departamento da Xunta
de Galicia ao cal lle corresponden a elaboración, a proposta e a execución da política do
Goberno galego en materia de xustiza, administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea e deportes,
que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos
órganos que integran este departamento.
Artigo 2. Estrutura da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, baixo a
superior dirección da persoa titular, contará para o exercicio das súas funcións coa seguinte estrutura orgánica:
a) A Secretaría Xeral Técnica.
b) A Secretaría Xeral para o Deporte.
c) A Dirección Xeral de Xustiza.
d) A Dirección Xeral de Administración Local.
e) A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.
f) A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
g) A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
Imprimir / Compartir