EGAP; E-martes xornada de formación practica dixital

25 de agosto de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 13 de setembro de 2022 abordará os seguintes contidos: 
• Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal
• Notificacións por comparecencia.
• Identificación dixital (certificados dixitais e Chave). 
• Sede electrónica.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 13 de setembro de 2022. 
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas Cincuenta (50).

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 8 de setembro de 2022.