Substitución entre titulares. Novos avisos de desocupación 4 de agosto de 2022

4 de agosto de 2022


"publicado na intranet"


Saíu publicada, con data do 4 de agosto de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

IMPORTANTE: Debido á entrada en vigor da Resolución do 18/05/2022, aquelas prazas que queden desertas tras seren ofertadas en comisión serán publicadas de oficio pola Dirección Xeral de Xustiza. Todas as persoas interesadas, da mesma ou de distinta unidade, deben presentar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta.