Webinario; Réxime do funcionario interino tras o Real Decreto lei 1472021 do 6 de xullo
14 de setembro de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022 pola que se convoca o webinario O réxime do funcionario interino tras o Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Data: xoves 22 de setembro de 2022.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Inscrición
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Imprimir / Compartir