Formación; "Curso de reforzo da AXE 2022 (en liña)".

19 de outubro de 2022


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; Formación; o 25 de outubro comeza unha nova convocatoria da actividade “Curso de reforzo da AXE 2022 (en liña)” para as persoas que non puideron realizala nas anteriores edicións.

O vindeiro martes, 25 de outubro, abrirase unha nova convocatoria da actividade Curso de Reforzo da AXE 2022 (en liña) na Plataforma de Teleformación de Xustiza, destinada a todas aquelas persoas que non a puideron realizar na edición asignada ao seu órgano. A actividade, que comeza o día 25/10/2022 en formato de automatrícula, terá unha duración de 17 días naturais

Para realizar o proceso de automatriculación será preciso introducir unha chave que se enviará mediante correo electrónico ao órgano o día anterior ao que comece a actividade (24/10/2022). Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso. Podes acceder ao curso e automatricularte, o martes 25 de outubro, a través desta ligazón.