Substitución das actuais tarxetas de empregad@ público.

19 de outubro de 2022


"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; Tarxeta de identificación do persoal.
A tarxeta de identificación é o documento que acredita que os seus titulares son persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Tamén permite o acceso aos sistemas de información e comunicación, así como o ás dependencias que se determine. 

 A tarxeta é de uso obrigatorio para as/os funcionarias/os, sexan titulares ou interinos, dos seguintes corpos:
•Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio xudicial que dependan organicamente da Xunta de Galicia. •Médicas/os forenses que estean destinados ou presten servizos no Instituto de Medicina Legal (IMELGA).

IMPORTANTE:  Por motivos técnicos, nos próximos meses será necesario substituír as actuais tarxetas de persoa empregada pública de modelos anteriores a maio de 2022 por un novo modelo con novas capacidades. Por ese motivo hai en marcha un proxecto dirixido a emitir e entregar unha nova tarxeta a todas as persoas afectadas. Non será necesario que solicites esta renovación, pois as tarxetas a substituír están xa previamente identificadas e será planificada a súa progresiva impresión e entrega. As persoas afectadas serán progresivamente avisadas por correo electrónico. Si será importante que permanezas atento/a ante a posible recepción desta mensaxe e, de recibila, que sigas as instrucións que nela se dean para acordar a entrega da nova tarxeta. Mentres, poderás seguir usando normalmente a tarxeta actual, mantendo os mesmos códigos PIN e PUK que empregas na actualidade.