"publicado no DOG"
Orde pola que se modifica a relación de postos de traballo do IMELGA
24 de novembro de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; ORDE do 15 de novembro de 2022 pola que se modifica a relación de postos de
traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
De acordo co artigo 523 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, unha vez aprobadas as relacións de postos iniciais, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia
para aprobar as súas modificacións. En todo caso, as modificacións das RPT iniciais que
se produzan deberán contar con informe previo do Consello Xeral do Poder Xudicial e, para
a súa efectividade, é preceptiva a comunicación previa ao Ministerio de Xustiza.
Polo exposto, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de
Negociación e o Consello Xeral do Poder Xudicial, e comunicada a modificación ao Ministerio de Xustiza...
DISPOÑO
Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal
de Galicia que figura no anexo da presente orde.
Imprimir / Compartir