Concurso Específico postos traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia

19 de decembro de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.

2. O concurso constará de dúas fases: 
a) Primeira fase: de comprobación e valoración dos méritos xerais. 
b) Segunda fase: de valoración de aptitudes concretas a través de coñecementos, experiencia, titulacións académicas e aqueloutros elementos que garantan a adecuación da persoa aspirante para o desempeño do posto, excluídos os valorados na primeira fase. 
A valoración dos méritos específicos deberase efectuar mediante a puntuación obtida tras aplicar a media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da Comisión de Valoración; para estes efectos deberase desbotar a máxima e a mínima concedidas ou, se for o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. 
Quinta. Comisión de Valoración 
1. A avaliación dos méritos corresponderá a unha Comisión de Valoración que será nomeada polo director xeral de Xustiza. 
2. A Comisión estará integrada por: a) Catro funcionarios/as da Administración convocante, dos cales un exercerá a presidencia e outro a secretaría, mentres que os outros dous actuarán como vogais. 
Ao menos un destes catro membros será funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

b) Un/unha representante das organizacións sindicais máis representativas, que actuará como vogal. A persoa que represente as organizacións sindicais será designada baixo proposta destas. Advertirase expresamente que unha vez que a Administración solicite a proposta de designación, se esta non se leva a efecto no prazo de dez (10) días hábiles, se entenderá decaída a referida opción.