Etiquetas: EGAP , formación continua
EGAP; Formación continua
29 de decembro de 2022
"publicado no DOG"
Etiquetas: EGAP , formación continua
Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2023. A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.
O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo), tras unha incorporación gradual que culminou, no ano 2015, coa agregación deste último colectivo como destinatario das actividades formativas da EGAP.
Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.
Etiquetas: EGAP , formación continua
Imprimir / Compartir