EGAP; Webinario, O papel da Administración no actual contexto socioeconómico

14 de decembro de 2022

"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se convoca o webinario O papel da Administración no actual contexto socioeconómico.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Data: mércores 21 de decembro de 2022. Número de prazas  100.
Modo de impartición: telepresenza,  das 12.00 ás 14.00 horas, (2 horas lectivas).

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> 

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 16 de decembro de 2022.