Resolución recoñecemento extraordinario grao I e II da Traxectoria Profesional

10 de xaneiro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 7 da Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o proce‑ demento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xus‑ tiza (DOG núm. 220, do 18 de novembro), unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para o grao extraordinario I, en todos os corpos, e o grado extraordinario II, nos corpos de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, esta dirección xeral,

 ACORDA:

Primeiro. Aprobar a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da per‑ soa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX). Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. 

Ambos os dous prazos conta‑ ranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022 

José Tronchoni Albert Director xeral de Xustiza