EGAP; actividades formativas do Plan Ofimático de Galicia
13 de febreiro de 2023
"publicado no DOG"
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.
Etiquetas:
cursos de formación
,
DOG
,
EGAP
,
ofimática
,
XUNTA
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades
formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o
persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das
entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da
Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos
(PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da EGAP para o ano 2023 polo Consello Reitor, de conformidade co
artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, procede convocar as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola
EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II e que deberán desenvolverse conforme as bases detalladas no anexo I.
Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal
ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas
instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza,...e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria
e para cada un dos casos no anexo II.
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións
que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución.
A información relativa
ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2023.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 23.55 horas da data de finalización.
Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a
cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Imprimir / Compartir