EGAP; Actividades formativas en materia de idiomas

20 de febreiro de 2023

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG, RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Solicitudes e prazos 

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 1 de marzo de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. 

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres

Debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación. e non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.