"publicado no DOG"
Convocatoria de probas para a obtención dos certificados Celga 1,2,3 e 4 no ano 2023
6 de marzo de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados
de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento
PL500C).
----
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua
galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2023, con código de procedemento administrativo PL500C.
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria,
nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que
ningunha circunstancia excepcional o impida.
As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política
Lingüística (http://www.lingua.gal).
Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Imprimir / Compartir