"publicado no DOG;
EGAP; Bases e condicións xerais de participación nas actividades formativas
24 de maio de 2023
"publicado no DOG;
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as
condicións xerais de participación nas actividades formativas.
O Consello Reitor da Escola Galega de Administración Publica (en diante, EGAP) ten
atribuída, entre outras facultades, a de establecer as bases e as condicións xerais de participación e acceso aos cursos ou ás actividades que convoque a EGAP.
Simultaneamente esta modificación aprovéitase para simplificar os criterios que rexen
na actualidade, de modo que a selección sexa mais áxil, sen menoscabo de todas as garantías e a máxima transparencia do proceso de selección.
De acordo con todo o indicado, o Consello Reitor da Escola Galega de Administración
Publica, na súa reunión do 20 de decembro de 2022, acordou fixar os novos criterios de
participación nas actividades formativas do dito organismo, o que se fai público mediante
esta resolución.
A presente resolución entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derrogatoria.
Queda sen efecto a Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os
criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración
Pública.
Imprimir / Compartir