Webinario. As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo publico profesional.

15 de maio de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2023 pola que se convoca o webinario As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo público profesional.

Convocar, no marco do Ciclo de conferencias sobre presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, o webinario As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo público profesional, de acordo coas bases que se indican a continuación: 

Primeira. Obxectivos e contidos Analizar a figura do directivo público profesional, escasamente desenvolvida en España a partir das previsións do Estatuto básico do empregado público, expoñendo a recente regulación da figura nalgunhas comunidades autónomas e no dereito comparado. Así mesmo, apuntaranse as claves de conformación dun estatuto do directivo profesional a partir das recomendacións da OCDE. 

Segunda. Persoas destinatarias Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Terceira.  Data: 25 de maio de 2023. Modo de impartición: telepresenza. Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. Duración: 2 horas lectivas.


O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 21 de maio de 2023.