EGAP; Programa de autoformación

19 de xuño de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2023 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 1 de xullo de 2023, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.