"publicado no DOG"
EGAP; Actividades de formación continua en materia de violencia de xénero
12 de xullo de 2023
"publicado no DOG"
RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
Accede ao contido completo premendo no enlace
Imprimir / Compartir