"publicado na intranet"
Comisións de servizo; novas prazas ofertadas
29 de agosto de 2023
"publicado na intranet"
O día 25 de agosto publicouse na intranet; Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en
comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e
escalas ao servizo da Administración de xustiza.
Primeira. Solicitantes
Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera
ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se
pretende prover.
O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea
desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar
na convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou
substitución respectiva.
Segunda. Postos de traballo ofertados
Os relacionados no Anexo I, coa indicación da causa da desocupación.
Terceira. Prazo e modo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir
do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza
(http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería
de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisionsservizo).
Imprimir / Compartir