5 minutos para repartir as migallas que adica á DXX a Acción Social

26 de outubro de 2023


Vimos de participar na reunión de Acción Social na que se reparten as axudas para aquelas personas que o solicitaron.

Das 132 solicitudes presentadas, admítense 119 o que supón 129 beneficiarios e 13 solicitudes denegadas. Polo de agora non hai data de publicación no DOG e polo tanto non hai data de cobro, afirman dende a DXX que será o antes posible.

As cantidades a repartir son as seguintes:

.-1º tramo; 107,40 euros
.-2º tramo; 214,81 euros
.-3º tramo; 429,62 euros.