CTPA adxudicación de destinos, quenda promoción interna.
20 de decembro de 2023
"publicado no DOG"
Etiquetas:
adxudicación
,
destinos
,
quenda interna
,
tramitacion
Vense de publicar RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorga destino ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda promoción interna), que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/2452/2022, do 24 de marzo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
...Ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, ao cal se lle outorga destino nesta resolución, deberá tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado
...Ao persoal funcionario destinado en virtude desta resolución e que opte por continuar en activo no corpo de auxilio xudicial, non será necesario que se desprace a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro, comunique, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos, a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria
Imprimir / Compartir