"publicado no DOG"
EGAP; actividades formativas E-martes
12 de decembro de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023 pola que se convoca, no marco
da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital
(E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de decembro de 2023 abordará os seguintes contidos:
Parte teórica e común para os dous grupos de persoas destinatarias:
– De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica.
Parte práctica para o grupo do persoal empregado público: – Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica).
• Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas).
• Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro).
• SIR (Sistema de interconexión de rexistros).
• Notificación por comparecencia espontánea.
• Expedición de copias electrónicas auténticas.
---
Data: o martes 19 de decembro de 2023.
Horario: de mañá e tarde.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de
Compostela.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas
Cincuenta (50).
Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do
primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
ata as 23.59 horas do día 14 de decembro de 2023.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos
teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.
Imprimir / Compartir