CTPA; quenda libre. Relación de prazas no ámbito da C.A de Galicia
23 de xaneiro de 2024
"publicado no DOG"
Etiquetas:
Galicia
,
prazas ofertadas
,
tramitacion
RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola
que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas,
correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas
selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da
Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1254/2022,
do 7 de decembro.
Segundo. As solicitudes de destino deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral
de Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos
no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de dez días
hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas
aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.
Terceiro. As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II
desta resolución de acordo coas seguintes instrucións:
a) No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais
ofertados. Indicarase o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun
órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.
b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante
en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.
c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a
destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde
alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.
Cuarto. Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de
presentación destas.
Imprimir / Compartir