EGAP; cursos informática, teleformación.
1 de marzo de 2024
RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades
de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do
sector público autonómico e da Administración institucional.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais desde o día
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 14.00 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación
de solicitudes limítase a cinco.
Imprimir / Compartir