Amosando publicacións coa etiqueta @CUTGaliza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta @CUTGaliza. Amosar todas as publicacións

Parabéns ao pobo: por un futuro sen Altri!

28 de maio de 2024

Había anos que o pobo lúcido e rebelde de Galicia non faciamos unha demostración de forza sendo capaces de romper a narrativa hexemónica. Malia a manipulación e a ocultación mediática oficial non foron quen de ocultar o carácter multitudinario da manifestación celebrada onte en Palas de Rei fronte o proxecto colonial da macrocelulosa de Altri. 

8M: Dereitos nos coidados

8 de marzo de 2023


 

Ben é sabido que os coidados son un eixo fundamental na vida das persoas. Un dos principios da subsistencia económica do capitalismo está baseada na non monetarización da reprodución e dos coidados aproveitándose da forza de traballo das mulleres de forma gratuita, namentres que se centra todo o valor social e económico no traballo produtivo.

Condena á CRTVG por sancionar a un xornalista activo nos Venres Negros, en denuncia da manipulación informativa

30 de decembro de 2021

A sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela repara a dignidade do xornalista e delegado da CUT Carlos Jiménez, declarando nula a sanción que lle foi imposta, e considerando lesionados por parte da empresa os seus dereitos á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión

A loita contra a manipulación informativa na Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG, SA) tivo hoxe un importante pulo, desta volta a través de resolución xudicial. No ano 2019 as profesionais da CRTVG Tati Moyano e Carlos Jiménez recibían en nome do colectivo Defende a Galega o XV Premio José Couso á Liberdade de Prensa, ao seren ambos significados participantes da iniciativa Venres Negros e represaliados por este feito por unha empresa pública da comunicación. Se o expediente disciplinario contra Tati Moyano rematou por se arquivar, a CRTVG quixo frear a iniciativa contra a manipulación usando a Carlos Jiménez como exemplo, que acabou por ser sancionado con 9 días de emprego e soldo.

25N: Que a diversidade sexa a norma!

25 de novembro de 2021

Baixo o sistema patriarcal, as desigualdades estruturais baseadas no xénero provocan que ser muller sexa un factor de risco para ser diagnosticadas en saúde mental con maior frecuencia e maior gravidade ca un home. De feito as mulleres temos tres veces máis risco de padecer unha depresión, o problema máis frecuente e discapacitante a nivel mundial.

Situación similar acontece na diversidade funcional. Máis da metade de persoas con discapacidade (59,8%) son mulleres, e tres de cada catro persoas destinadas aos coidados de persoas dependentes son mulleres. Ademais, o 59,4% de persoas con diversidade funcional teñen como orixe da limitación un trastorno mental.

O modelo biomédico explica estes datos desatendendo as variábeis socioculturais, esquecendo os roles e patróns de conduta socialmente impostos ás mulleres, pasando por alto todos os tipos de violencia que os nosos corpos e as nosas mentes atravesan día a día, obviando a vulnerabilidade social como causa e non como consecuencia das psicopatoloxías.

Liberan a Pablo Costas logo de 11 meses “secuestrado” en Iemen

30 de agosto de 2021

Publicado no xornaldevigo.gal

 

O mariñeiro galego Pablo Costas, que estaba retido en Iemen desde setembro do ano pasado baixo un cargo de suposta pesca ilegal, foi liberado nas últimas horas, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Ministerio de Asuntos Exteriores e da familia. 

Así, desde Exteriores informaron da liberación de Pablo Costas, patrón de pesca de Bueu, e sinalaron que esta medida foi posible grazas ás xestións non só do ministerio, senón “do propio ministro (José Manuel Albares) persoalmente”. 

 

O irmán de Pablo, Víctor, así como fontes do sindicato CUT, explicaron que o mariñeiro saíu xa do barco, xunto con outros compañeiros de tripulación, e atópase nun hotel na o Mukallah. No entanto, e aínda que xa lle devolveron o pasaporte, polo momento non hai data concreta para o regreso a Galicia. 

O portavoz da CUT, Manolo Camaño, celebrou a noticia da liberación de Pablo Costas, e explicou a Europa Press que agora están “pendentes” de     que “tramitar os billetes de avión”, tendo en conta as dificultades dun país “en guerra” como Iemen e as limitacións no transporte aéreo. 

Como deixar morrer a un galego no Iemen

27 de agosto de 2021

Sen auga potable, sen víveres, rodeados de ratas e cascudas. Dende hai nove días estánse a alimentar con auga, sucre e té. Pablo Costas atópase pechado no barco "Cobija" xunto a 30 tripulantes doutras nacionalidades dende o mes de setembro de 2020.

Dende a CUT están trantado de axudar a Pablo e aos seus compañeiros, denunciando a situación na que se atopan.



O drama dun veciño de Bueu: "A miña familia non sabe se volverá verme con vida"

Publicado en crtvg.es

 

Pablo Costas, capitán do Cobija, alerta de que a situación é extrema, sen auga potable nin comida, tras once días retidos no Iemen acusados de pesca ilegal 

Exteriores asegura que traballa o caso "con prioridade" para conseguir a liberación "

A situación é de extrema urxencia. Non temos comida nin auga para lavarnos. A auga que temos para beber non é potable. Temos que fervela varias veces". Así describe Pablo Costas, veciño de Bueu, a súa situación e a dos arredor de 30 membros da tripulación do Cobija. Levan xa once meses retidos no porto iemení de Al Mukallah, nun estado en guerra, tras unha acusación de pesca ilegal en Australia, aínda que, segundo aseguran, nunca tiveran un problema deste tipo. 


 

Na defensa da clase traballadora: todas a unha!

21 de abril de 2021


Xa hai máis dun ano do comezo da pandemia e da declaración do estado de alarma. 

Son moitos meses de denuncias, estafas laborais, recortes de dereitos, privatización de servizos públicos, ERTE, despedimentos, empresas a pór en perigo a saúde das traballadoras… que se están a dar, ademais, nun escenario totalmente alleo ao funcionamento natural do sindicalismo de base: o distanciamento social.