Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións

8M: Dereitos nos coidados

8 de marzo de 2023


 

Ben é sabido que os coidados son un eixo fundamental na vida das persoas. Un dos principios da subsistencia económica do capitalismo está baseada na non monetarización da reprodución e dos coidados aproveitándose da forza de traballo das mulleres de forma gratuita, namentres que se centra todo o valor social e económico no traballo produtivo.

Galería da manifestación en Vigo no día da muller

10 de marzo de 2022





Normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de Marzo

7 de marzo de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; ORDE do 4 de marzo de 2022 pola que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2022 en Vigo e a súa comarca.

-------

No ámbito da Administración de xustiza, de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia e, en particular, coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público: 
1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal. 
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso. 
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras. 
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos. 
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras. 
6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a atención daquelas actuacións en que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada polas leis procesuais ou polos bens xurídicos en xogo. 
Para a fixación dos servizos mínimos, a Administración ten en conta igualmente os criterios determinantes que establece a doutrina do Tribunal Constitucional e a xurisprudencia contencioso-administrativa recaída na materia. ...

Decreto polo que se ditan as normas para a folga do 8 DE MARZO

5 de marzo de 2021


"publicado no DOG"


DECRETO 38/2021, do 4 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2021.
O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

A Central Unitaria de Traballadores (CUT), a Confederación Intersindical Galega (CIG), o Sindicato de Oficios Varios da Confederación Nacional do Traballo de Vigo (CNT-Vigo) e o Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG), comunicaron unha convocatoria de folga xeral, para todas as mulleres traballadoras de Galicia e todas aquelas persoas que estean sometidas a diferentes violencias patriarcais como reacción ao seu xénero, que se iniciará ás 00.00 horas do 8 de marzo de 2021 e finalizará ás 00.00 horas do día 9, e, especificamente, para as mulleres traballadoras do sector da prensa escrita (xornais) a folga iniciarase ás 00.00 horas do 7 de marzo e finalizará ás 00.00 horas do día seguinte, co que terá tamén unha duración dun día.

A CUT convoca folga de mulleres no 8M por cuarto ano consecutivo

4 de marzo de 2021

 

A Secretaría das Mulleres da CUT anunciou este xoves, 28 de xaneiro, a convocatoria de folga xeral de mulleres para este 8 de marzo baixo o lema “Todas con dereitos, ningunha con medo”. Deste xeito, este 8 de marzo transcorrerá a 4ª folga xeral de mulleres convocada consecutivamente por esta central sindical en Galiza. 

No #8Marzo no Día da Muller Traballadora: Nós tamén marchamos!

8 de marzo de 2015


Levamos meses a ouvirmos que a crise está superada, que xa se ve a luz ao final do túnel e que, de aquí en diante, as cousas van ir a mellor. Este ruído que nos chega dende os partidos do réxime, e aumentado polos seus medios de desinformación, vese unha e outra vez contestado polos cruentos datos que nos amosa día tras día a realidade.

As políticas de austericidio, materializadas a través das reformas laborais, deron lugar a despedimentos masivos e baixadas de salarios que levaron a case 72.000 galegas á emigración. Ás que quedamos no país padecemos taxas de desemprego do 21% que, nas máis mozas, chega mesmo ao 52%. Ademais, vemos como a diferenza de salarios con respecto aos homes aumenta: polo mesmo traballo cobramos un 24% menos o que significa que temos que traballar case 80 días máis para percibir o mesmo salario.

A máis disto, a eliminación de prestacións e subsidios e o desmantelamento dos xa precarios servizos sociais públicos, viñeron a empeorar a situación xa deficitaria das persoas responsábeis dos coidados (maioritariamente mulleres). Estas situacións fixeron aumentar as bolsas de pobreza ao tempo que empuxaban, sen outra alternativa, ás mulleres a seren a maioría nas mesmas.

Mais esta brutal ofensiva que as mulleres da clase traballadora estamos a sufrir por parte dun sistema patriarcal en descomposición están a ser combatidos nas rúas coa unidade do movemento feminista. A nosa forza foi a que fixo parar a reforma do aborto que pretendía tutelar as nosas decisións e que agora quere impór ás mulleres mozas unha maternidade non desexada.

Dende a Central Unitaria de Traballadoras – CUT chamamos neste 8 de marzo a saír ás rúas xuntas. Berrando alto e claro que todas as mulleres temos dereito a decidir. A decidir sobre nós mesmas sen ningún tipo de discriminación. Para isto debemos ser libres como pobo e como mulleres traballadoras.

Esiximos a fin das políticas de exterminio que atentan contra a saúde das mulleres, que tentan adoutrinarnos, que nos deixan soas fronte os nosos agresores tanto na casa como no centro de traballo, que pretenden someternos economicamente e que pretenden negarnos como parte dunha nación que loita pola súa liberdade, Galiza. Só logrando rematar de vez con estas políticas poderemos comezar a ser donas das nosas decisións.