Amosando publicacións coa etiqueta 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2021. Amosar todas as publicacións

CONCURSO DE TRASLADOS; listaxe provisional

5 de xaneiro de 2022

Publicado na  Web do Ministerio


Vense de publicar na páxina web do Ministerio; 

 

RESOLUCION PROVISIONAL CONCURSO GE, TR, AU 2021

5 de xaneiro de 2022

Resolución provisional do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza. 

Publícanse os seguintes documentos.

A URL de acceso ó aplicativo informático para a consulta do Anexo III é a seguinte:

https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/sap/bc/webdynpro/sap/zasis_gta_anexo3

Data  prevista de publicación da resolución provisional no Boletín Oficial do Estado: 12-1-2022


Concurso de traslado; Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza.

13 de outubro de 2021

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.


Dado que na Administración de xustiza se atopan vacantes postos de traballo xenéricos dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, dotados orzamentariamente, no ámbito territorial desta Comunidade Autónoma de Galicia, procede a súa convocatoria en concurso de traslados, de conformidade co establecido no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, engadido polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, así como no artigo 43 e seguintes e mais na disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Por todo o anterior, a Dirección Xeral de Xustiza, coordinadamente co Ministerio de Xustiza, dispuxo convocar un concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I, consonte as seguintes bases:

Xornada de inverno 2021-2022

16 de setembro de 2021

No día de hoxe entra en vigor o horario de inverno que regulará a xornada laboral ata o vindeiro 15 de xuño de 2022.

Podes consultalo e descargalo no seguinte documento:

Campaña de vixilancia periódica da saúde 2021

3 de febreiro de 2021

"publicado no DOG"

No DOG de hose publícase a Resolución do 28 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turistmo, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2021 no ámbito da Administración. xeral da Xunta de Galicia

Calendario laboral de Galicia 2021

30 de setembro de 2020

"publicado no DOG"

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 serán as seguintes: 

Xornada de inverno 2020/1

21 de setembro de 2020


PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR


NOTA Hoxe teremos a reunión do COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (salvo modificación ao respecto, este horario será o que rexirá entre o día 22 de setembro e o 15 de xuño de 2021)