Concurso de traslado; Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza.

13 de outubro de 2021

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.


Dado que na Administración de xustiza se atopan vacantes postos de traballo xenéricos dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, dotados orzamentariamente, no ámbito territorial desta Comunidade Autónoma de Galicia, procede a súa convocatoria en concurso de traslados, de conformidade co establecido no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, engadido polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, así como no artigo 43 e seguintes e mais na disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Por todo o anterior, a Dirección Xeral de Xustiza, coordinadamente co Ministerio de Xustiza, dispuxo convocar un concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I, consonte as seguintes bases:

  • Poderase solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I.
  • Identificaranse polo numero de orde do órgano xudicial.
  • Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes, en concepto de resultas.
  • O número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar é de 200...
  • Prazo solicitudes, o comprendido entre os días 14 e 27 de outubro de 2021, ambos incluídos
Ligazón ao DOG