Campaña de vixilancia periódica da saúde 2021

3 de febreiro de 2021

"publicado no DOG"

No DOG de hose publícase a Resolución do 28 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turistmo, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2021 no ámbito da Administración. xeral da Xunta de Galicia
Inscrición 

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no OPAX (Oficina virtual do persoal da Administación de xustiza). 

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.

Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde. 

O prazo de inscrición rematará transcorrido 3 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. 

As/os responsables dos distintos centros de traballo facilitarán os medios necesarios para a inscrición

Ligazón ao DOG