Convócanse as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia
30 de outubro de 2019
"publicado no DOG"
Etiquetas:
cursos de formación
,
DOG
,
probas avaliación
Co gallo de capacitar o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia para a realización das tarefas básicas no desempeño dos seus postos de traballo, convocáronse diversas actividades formativas mediante a Resolución do 11 de marzo de 2019 publicada no DOG núm. 54, do 18 de marzo.
Estas actividades foron ofrecidas na modalidade de autoformación co fin de que as persoas participantes adquirisen coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo un papel activo no proceso de aprendizaxe e procurando que a formación fose accesible, homoxénea e inmediata sen limitacións debidas a dispoñibilidades horarias ou xeográficas, para favorecer, en consecuencia, a conciliación da vida laboral e familiar.
Non obstante, na propia convocatoria establecíase que o persoal que participase neste programa de autoformación unicamente podería acceder aos contidos das actividades, deixándose para un momento posterior a convocatoria das probas de avaliación que é preciso superar para ter dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.
Con todo, as seguintes actividades do referido programa de formación para o posto de traballo seguirán sendo accesibles ate o vindeiro 20 de decembro de 2019:
Ligazón ao DOGImprimir / Compartir