Amosando publicacións coa etiqueta tramitadores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tramitadores. Amosar todas as publicacións

Traxectoria profesional. Nova convocatoria

5 de abril de 2024

"Publicado hoxe no DOGA"

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo acadado o 17 de xaneiro, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO., para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II da traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

 -A quen vai dirixido? Ao funcionario da Administración de xustiza en Galicia non incluído nos anteriores acordos e convocatorias referidas ao ano 2022.

 Queda excluído do acceso a este réxime extraordinario o persoal que xa tivese recoñecido algún grao da traxectoria profesional na convocatoria de 2022.

-A solicitude realizarase a través da Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX)

-Prazo de presentación de solicitudes: 30 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Doga.

-Os efectos económicos serán do 1 de abril de 2024

-Os graos adquiriranse no corpo en que se teña a condición de funcionario (de carreira ou interino) o día 31 de marzo de 2024. Polo tanto, o tempo de servizos prestados con anterioridade a esa data, sexa cal sexa o vínculo xurídico do/da empregado/a, computarase para os efectos de adquirir o grao no corpo a que efectivamente se pertenza o día 31 de marzo de 2024. 

-En función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento producirase de maneira progresiva en 3 anualidades, con efectos económicos do 1 de abril de 2024 e do 1 de xaneiro dos restantes anos, coa distribución que se indica :
     -En 2024, o 33 %.
     - En 2025, o 66 %
     - En 2026, o 100 %. 

-O persoal interino percibirá o complemento da traxectoria profesional ata o momento do cesamento.
De ser nomeado de novo persoal interino nesta Administración, seguirá a cobrar o grao ou graos que tivese recoñecidos.  


CTPA; distribución por aulas (27-05-2023)

25 de maio de 2023



"publicado na páxina web do Ministerio"

SEDES BARCELONA Y VALENCIA AULAS TRAMITACION TURNO LIBRE


Instrucións para solicitar o próximo luns (21 de novembro) a Traxectoria Profesional.

18 de novembro de 2022

"publicado no DOG"

A Dirección Xeral de Xustiza ven de publicar no DOG do día de hoxe; RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, da DXX, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro  de 2022, polo que se aproba o acordo do  14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organización sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo  da Administración de xustiza.

PROCEDEMENTO: